¿Como o facemos?

Utilizamos un antiséptico de elevada eficacia capaz de esterilizar calquera espazo xerado in situ con electrólise salina da que resulta unha solución de ácido Hipocloroso (HOCl).

É unha tecnoloxía certificada que conta coa Regulación de Biocidas EU BPR 528/2012. Produción in situ de substancias activas, e está certificada para a destrución de bacterias gram positivas, gram negativas así como virus, fungos, esporas, algas e quistes. Obtéñense resultados superiores comparados a biocidas TÓXICOS tradicionais como o Etanol, Virkon ou o Cloro.