ECOSERVIZOS

PRESENTACIÓN

A nova División de Limpeza Ecolóxica de PEDRA SALGADA S.L., nace co obxectivo de proporcionar unha alternativa ecolóxica aos servizos de limpeza convencionais, e así contribuír á diminución do impacto ambiental do sector da limpeza profesional.

En PEDRA SALGADA S.L., recoñecemos a importancia da responsabilidade ambiental das empresas e apostamos por unha cultura empresarial verde. O noso obxectivo é buscar as alternativas ecolóxicas que avancen na eficacia e na maior eficiencia da limpeza profesional, achegando a nosa experiencia no desenvolvemento e superación dos sistemas tradicionais de limpeza.

sweet home - house and tree
Green futuristic city living concept. Life with green houses, so

¿POR QUÉ A LIMPEZA ECOLÓXICA?

ECOLOXÍA E SAÚDE

O impacto ecolóxico sobre o medio a través da contaminación do aire e da auga, o aumento do número de envases e residuos, os graves problemas da súa recollida e da súa eliminación poden chegar a crear cambios irreversibles sobre este.

A continua exposición dos seres humanos a miles de produtos químicos tóxicos, ten provocado nas sociedades occidentais modificacións substanciais do contorno e da saúde.

Os produtos de limpeza empregados ata o de agora, xunto con outros factores, afectan significativamente á saúde e ao rendemento dos ocupantes dos edificios e do persoal de limpeza.

O emprego de produtos de limpeza que emiten compostos orgánicos volátiles (COV) poden ter efectos adversos a corto e longo prazo para a saúde. O emprego destes produtos na limpeza habitual de espazos fechados fai que as concentracións de moitos compostos orgánicos volátiles sexan ata 10 veces máis elevados que no exterior.

A LIMPEZA ECOLÓXICA

A limpeza eco consiste nunha serie de accións encamiñadas á minoración máxima do impacto ambiental da actividade económica, mediante a implantación de solucións e métodos de limpeza profesional deseñados para preservar a saúde humana e a calidade ambiental.

A división de limpeza ecolóxica de Pedra Salgada basea os seus servizos na “limpeza profesional, protección da saúde e respecto polo medio a un prezo competitivo”

Co uso de produtos ecolóxicos, o persoal de limpeza experimenta menos problemas de pel, irritación de ollos, alerxias, etc. e, polo tanto, diminúe o absentismo e aumenta a produtividade.

A sensibilización ambiental xera responsabilidade social pois tanto o persoal como os receptores do servizo séntense comprometidos coa mellora e o respecto polo medio ambiente.

A limpeza ecolóxica non consiste só no cambio de produtos químicos contaminantes e nocivos por produtos ecolóxicos de última xeración, senón que a conforman un conxunto de medidas que resumiriamos nos seguintes puntos:

  • Utilización de auga electroquimicamente activada e ozonizada.

  • Purificación continua do aire das instalacións mediante o uso de purificadores de aire e oxidantes naturais de partículas nocivas.

  • Utilización de produtos de limpeza totalmente ecolóxicos.

  • Utilización de produtos o máis concentrados posibles para diminuír o número de envases.

  • Utilización de materiais e maquinaria de limpeza de reducido impacto ambiental.

  • Redución de consumibles hixiénicos.

  • Instalación de colectores de residuos diferenciados para potenciar a reciclaxe.

  • Sensibilización medio ambiental dos e das profesionais de limpeza asignados aos servizos.

  • Eco-formación permanente e continua sobre novas técnicas de limpeza.

  • Eliminación da contaminación cruzada.

  • Política de envases baixo a regra das tres erres: Redución, Reutilización e Reciclaxe.

 

man in eco office space
Zen path of stones in widescreen

ECOFORMACIÓN

En PEDRA SALGADA consideramos que a formación é a base para poder proporcionar un servizo de limpeza de calidade. Realizamos unha formación continuada de todo o persoal nas seguintes áreas:

  • Técnicas de limpeza

  • Utilización correcta de produtos, materiais e maquinaria

  • Prevención de Riscos Laborais

A Eco-formación continuada, especificamente desenvolvida para a división ecolóxica de PEDRA SALGADA S.L., garante que os nosos profesionais utilicen as máis novidosas e eficientes técnicas de limpeza, conxugando á perfección a limpeza profesional e a sustentabilidade ambiental.

ECOVANTAXES PARA O SEU NEGOCIO

– Prestixio profesional para a súa marca ou negocio, porque lle ofrecemos cotas de limpeza moi superiores aos estándares habituais de xeito totalmente ecolóxico e a un prezo sorprendentemente económico.

– Aforro no consumo de enerxía e auga no proceso de limpeza.

– Xestión ambiental de residuos de oficina co obxectivo de non danar o medio natural

  • Redución de residuos xerados

  • Minoración próxima ao 20% nas horas de prestación dos servizos, grazas á implantación de novos sistemas de limpeza.

  • Información e transparencia. Antes da implantación dos sistemas faremos de xeito gratuíto unha auditoría da situación do sistema de limpeza actual e formularémoslles as nosas solucións e novos sistemas

Aposta polo aforro e o medio ambiente