CALIDADE E MEDIOAMBENTE

A dirección de PEDRA SALGADA S.L.

Consciente do compromiso coa súa clientela e coa sociedade en xeral decidiu, para todos os servizos de limpeza e xardinería, asignar todos os recursos necesarios para establecer na súa organización un Sistema Integrado de Xestión da Calidade e do Medio Ambiente conforme ás Normas internacionais, UNE EN ISO 9001:2008 e UNE EN ISO 14001:2004. Este sistema está baseado nos seguintes principios:

  • Prestación de servizos cun nivel de calidade e respecto polo medio que permitan ser competitivos, axeitándose ás necesidades dos clientes e clientas no ámbito onde se desenvolven as actividades.

  • Cumprimento da lexislación vixente que se aplica tanto en materia medioambiental como dentro do propio sector ao que pertencen estes servizos, así como os requisitos impostos pola clientela.

  • Compromiso de mellora continua, sobre a base da prevención no lugar da corrección.

  • Fomentar a redución, reutilización e reciclaxe dos residuos xerados, así como o aforro de materias primas, auxiliares, auga e enerxía.

  • Sensibilización e formación continua do persoal en todos os niveis da empresa.

  • Incremento da satisfacción dos nosos clientes e clientas, atendendo sempre ás súas necesidades e expectativas para poder ofrecer un nivel de calidade acorde con elas.

Para asegurar a aplicación efectiva da Política Integrada de Calidade e Medio Ambiente

PEDRA SALGADA S.L. establece anualmente obxectivos tanto de calidade como medioambientais que son obxecto dun seguimento continuo.

Esta Política afecta e é responsabilidade de todos e cada unha das persoas integrantes da Organización, ao mesmo tempo, comunícaselle a todas as persoas que fan parte da empresa para que a coñezan, a comprendan e a cumpran. Tamén está a disposición de calquera persoa ou entidade que a solicite.