PEDRA SALGADA

PEDRA SALGADA é unha empresa especializada na prestación de servizos integrais de limpeza, xardinería e ambientais.

INNOVACIÓN

Damos especial valor ás novas tecnoloxías, investindo esforzos na mellora continua e formación do noso persoal, na adquisición de maquinaria de última xeración, e en novos sistemas de xestión, podendo así ofrecer servizos da máis elevada calidade a un prezo competitivo.

ASÍ TRABALLAMOS

Propoñemos solucións efectivas e económicas logo de aplicar un coidadoso estudo das necesidades dos nosos clientes, ofrecéndolles como resultado uns servizos coa máxima garantía e calidade. Desenvolvemos os traballos encomendados mantendo unha estreita comunicación entre a empresa e o cliente de xeito que acadamos unha elevada porcentaxe de satisfacción bilateral na prestación dos nosos servizos.

MEDIO AMBIENTE

O sincero respecto polo medio ambiente reflíctese na existencia de mecanismos de control propios e externos e implantación de sistemas de calidade medioambiental. O uso de materias primas respectuosas co medio ambiente, posuidoras do selo de etiqueta verde ecolóxica xa é sinal da nosa identidade corporativa.
Accede os seguintes apartados:
NADAL VERDE
Con Nadal Verde, aluga a túa árbore viva, desfruta dela todo o nadal e despois nós pasamos a recollela. E todo sen que te teñas que mover da casa. Ademais poderás decorala en familia cos nosos adornos para montar e pintar.
SOLICITUDE DE OFERTA
Solicita aquí túa oferta ou contacta co noso servizo de atención o cliente, o cal che pode asesorar para encontrar a mellor solución as necesidades que precises tanto en servizos e mantementos de limpeza e xardinería.
ECOSERVIZOS
A nova División de Limpeza Ecolóxica de PEDRA SALGADA S.L., nace co obxectivo de proporcionar unha alternativa ecolóxica aos servizos de limpeza convencionais, e así contribuír á diminución do impacto ambiental do sector da limpeza profesional.
nadalverde_logo_vt
preuposto
LOGOECO - Final 20131
Certificacións: